• Inicio
  • La Revista
    • Quiénes somos
    • Próximos números
    • Normas de publicación
  • Entrevistas
  • Número actual
  • Números anteriores
  • Súmate
  • Inicio
  • La Revista
    • Quiénes somos
    • Próximos números
    • Normas de publicación
  • Entrevistas
  • Número actual
  • Números anteriores
  • Súmate

Artefactos para a vida na rúa atopados na cidade de Maputo

23 mayo, 2021

Por Plácido Lizancos; Xaquín Lizancos |
CRÍTICA URBANA N.18 |

Os censos e catastros non acertan co número de persoas que viven en Maputo, a capital de Mozambique.

Son invisibles.

Os documentos de diversas organizacións describen un continxente amplo, que sitúan nos intersticios da cidade. Son un grupo heteroxéneo. Meninhos e meninhas da rúa, anciáns, persoas desfavorecidas en xeral, inmigrantes e persoas refuxiadas, discapacitados e transeúntes. Tamén forman parte deste censo os que se aferran á rúa para facer efectivo o seu dereito á cidade.

A pegada desta xente imperceptible recoñécese aquí e aló en dispositivos, artefactos ou riscos. Trátase ás veces de sutís trazos nun pavimento, dunha marca á beira dunha vía. Ocasionalmente son artefactos de cores e formas rechamantes. En moitas ocasións son pezas que se recollen unha e outra vez cada día, para despegarse de novo coas primeiras luces do día. Noutros casos eses obxectos móvense continuadamente pola cidade seguindo lóxicas propias.

Nestes dispositivos exercítase actividade económica, ofrécense servizos, cocíñase, dórmese, ofrécense coidados ou se repoñen as forzas para o traballo.

O denominador común a todos é a vía pública. O parterre, a mediana da avenida central, a cuneta, a rotonda … a rúa!. As fotografías mostran riscos, sinais, umbráculos, aliñamentos, marcos, zócalos, caixas e caixóns e tamén mobles ou manequíns fóra do sitio onde estamos afeitos a velos.

A reportaxe non visibiliza á xente. Non están nas fotos. Só os seus obxectos na rúa dunha cidade africana (non importa cal) e as súas preguntas: ¿quen somos? ¿Cantos somos? ¿Por que fixemos da rúa o noso hábitat? ¿Cales son os nosos dereitos?


Nota sobre os autores

Plácido Lizancos (Caracas, 1962) é arquitecto e docente na Escola de Arquitectura da Coruña. Ten desenvolto proxectos de cooperación universitaria ao desenvolvemento en Mozambique.

Xaquin Lizancos (Coruña, 1993) é arquitecto de interiores pola ETSAM. Traballa na actividade liberal en Catalunya. Ten participado en diversos proxectos en Mozambique, algún con Arquitectura sen Fronteiras.

Para citar este artículo:
Plácido Lizancos; Xaquín Lizancos. Artefactos para a vida na rúa atopados na cidade de Maputo. Crítica Urbana. Revista de Estudios Urbanos y Territoriales Vol.4 núm. 18 Vivir en la calle. A Coruña: Crítica Urbana, mayo 2021.

Crítica Urbana n.18
Share

Ciudad  / Prácticas sociales

Quizás también te interese

La calle, sin vivienda ni ciudad
23 mayo, 2021
Povos indígenas, direito às cidades e justiça social
23 mayo, 2021
La maldita calle
23 mayo, 2021
  • Buscar

  • SUSCRIPCIÓN

    Recibe gratuitamente Crítica Urbana en tu correo cada tres meses.

    Tu suscripción nos ayuda a contar con un público base que le otorga soporte y sentido a este proyecto.

    CONSENTIMIENTO

  • LIBRO DE CRÍTICA URBANA: DESCÁRGALO GRATIS

  • Estamos en las redes

  • Nuevo número. 36. Territorios Activos

  • Números anteriores

    • Crítica Urbana 35: Producción fabril para la producción...
      24 marzo, 2025
    • Crítica Urbana 34: Más allá del pensamiento hegemónico
      11 diciembre, 2024
    • Crítica Urbana 33: Memoria y ciudad
      22 septiembre, 2024
    • Crítica Urbana 32: Lecturas para el pensamiento crítico
      23 junio, 2024
    • Crítica Urbana 31. Galicia: conflictos socioambientales
      20 marzo, 2024



  • Crítica Urbana

    Revista de Estudios Urbanos y Territoriales.
    Quienes somos, nuestros principios
    contacto@criticaurbana. com
    A Coruña. Galicia. España
    ISSN 2605-3276

  • Politica de Privacidad

    Aviso legal y cláusulas de privacidad

    Nuestra política de Cookies

  • Síguenos en las redes


Licencia de Creative Commons
Este obra está bajo una licencia de Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-SinObraDerivada 4.0 Internacional.